30 DE XANEIRO
Canción para o DÍA DA PAZ
Imaxinemos un mundo mellor
UN CONTO PARA FACER A PAZ
“O Día Escolar da Non violencia e a Paz” (DENIP), coñecido tamén como o “Día Internacional da Non violencia e a Paz” iniciouse no ano 1964 e o seu promotor foi o poeta, educador e pacifista español LLORENÇ VIDAL. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Celébrase todos os anos o 30 de xaneiro nas escolas de todo o mundo para conmemorar o aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, acadou a independencia da India, o seu país natal.
"A persoa que non está en paz consigo mesma, será unha persoa en guerra co mundo enteiro"
( Mahatma Gandhi)
No hay comentarios:
Publicar un comentario