domingo, 20 de mayo de 2018


HOMENAXE A Mª VICTORIA MORENO NO NOSO COLEXIO
 


LECTURA NA BIBLIOTECA DE "A FESTA NO TELLADO" (Mª VICTORIA MORENO) 


miércoles, 9 de mayo de 2018

domingo, 6 de mayo de 2018

A Torre de Hércules

Días 7 (4º-A), 8 (4º-B) e 10 (4º-C) de maio de 2018
 
Visita á Torre de Hércules

Na nosa cidade érguese un dos monumentos máis representativos da historia  galega de todos os tempos. É a Torre de Hércules, que está situada entre a ensenada do Orzán e o golfo Ártabro. Un edificio que dende hai centos de anos  leva guiado aos miles de barcos que  teñen entrado na cidade de A Coruña. É o faro máis antigo de Europa que aínda segue prestando servizo aos navegantes actuais. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 27 de xuño do ano 2009.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Torre_de_H%C3%A9rcules

Conta a lenda que Hércules, fillo de Zeus, venceu ao  xigante Xerión, que  gobernaba vilmente a comarca. Unha vez vencido decapitouno, e no lugar onde soterrou a cabeza construíu un túmulo sobre o que acendeu un facho. Neste lugar funda a ciudade, á que lle puxo o nome da primeira habitante, unha muller que se chamaba Crunia.

http://www.turismoenxebre.com/2009_05_15_archive.html





-------------------

miércoles, 2 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO DE 2018

María Victoria Moreno



Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea a esta escritora, autora de libros dirixidos fundamentalmente ao público infantil e xuvenil. Preme na imaxe e coñece a súa vida e obra.







ACTIVIDADES LIM