miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Proposta da BIBLIOTECA MARÍA PITA para celebrar o Día do Libro
Para que non deixedes de ler mentres estades na casa,  a rede de bibliotecas públicas de Galicia  proporciona un servizo de préstamo en formato dixital GALICIA LE
Baía Edicións tamén vos ofrece lecturas gratuitas BAÍA EDICIÓNS
Ideas de LIBROS que vos poden gustar. Podedes filtralos por idades.
Tamén en GALEGO

COMO DI A PITA MARÍA:
                                                            "UN LIBRO É SEMPRE UN BO AMIGO"









martes, 21 de abril de 2020

NOVAS TAREFAS

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Na Aula Virtual están as tarefas desta semana. Nas  seguintes ligazóns tedes máis recursos para repasar contidos. Repasade as táboas, é imprescindible que as saibades perfectamente.

TÁBOAS DE MULTIPLICAR
MULTIPLICACIÓNS
A RESTA
CLASES DE SÍLABAS


Tede en conta estas recomendacións para facer a tarefa de Naturais

TARTA DE GALLETAS
Só de vez en cando podemos permitirnos algún doce, por exemplo, cando estamos de celebración. Fixádevos nesta rica receita, tédela na tarefa de Lengua. 








sábado, 18 de abril de 2020

DESDE A CASA

Algunhas actividades para pasar o tempo esta fin de semana

VISITA ALGÚN MUSEO DO MUNDO

QUE CHE PARECE ESTA CURTAMETRAXE?



XOGAR UN POUCO?



PREFIRES COCIÑAR?


OU QUE CHE CONTEN UN CONTO?



martes, 14 de abril de 2020

NOVAS TAREFAS

 O CINE


Esta semana continuamos co proxecto escolar deste curso. Realizade a seguinte actividade LIM  e na aula virtual do colexio tedes as tarefas que debedes contestar.




jueves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O pasado 10 de marzo visitamos a biblioteca Miguel González Garcés
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril en homenaxe ao escritor Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos, entre eles O parruliño feo, A sereíña, O soldadiño de chumbo...
Anímate e participa desde a casa no concurso Un poema na túa voz, organizado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Tes ata o 10 de abril. Preme na imaxe e infórmate!


Se queres saber máis sobre Hans Christian Andersen preme na ligazón

miércoles, 1 de abril de 2020

CONCERTO

Para o día de hoxe, 1 de abril, tiñamos programada unha saída ao Palacio da Ópera para asistir ao concerto didáctico da Orquestra Sinfónica de Galicia. Hoxe non pode ser...deixámolo para máis adiante!
Nesta ocasión, os músicos da OSG queren mandar unha mensaxe de ánimo a todos con este vídeo musical Sé Nimrod, un rebelde, non te rindas.