lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS

17 DE MAIO

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. No blog do EDLG  tedes moitas novas sobre esta celebración. Non deixedes de visitalo.
Nesta data tamén se conmemora o Día de Internet. Imos telo en conta para saber un pouco máis de internet e como aprender a navegar seguros. Moi importante neste momento que usamos moito máis as ferramentas dixitais.

Se tes interese por coñecer a historia de internet, nesta lígazón tes un vídeo.

¿Como navegar seguros por internet? Fixádevos nas recomendacións que vos dan. Tédelas que usar na tarefa de Lengua desta semana.


Sabedes que existe unha brigada de investigación tecnolóxica na policía para evitar que se produzan delitos na rede? Nesta ligazón quédanvos uns pasatempos e recomendacións de seguridade.
TAREFAS SEMANAIS
Na Aula Virtual tedes as tarefas desta semana, e nas seguintes ligazóns podedes aprender un pouco máis