lunes, 30 de marzo de 2020

NOVAS TAREFAS


Canto vos botamos en falta! Pero xa sabedes que temos que seguir traballando desde a casa. Na web do colexio están publicadas as novas tarefas para este período. Podedes empregar os seguintes recursos que vos axudarán  a facer algunhas delas.




viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO


O día mundial do teatro conmemórase anualmente o 27 de marzo desde 1961



Adaptación do libro Rubicundo, de María Canosa, representado pola compañía de teatro Ghazafelhos e compartido por Afundación.org



         

miércoles, 25 de marzo de 2020

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

Preme na ligazón para facer as actividades
 Nesta outra ligazón podes facer periodicamente unha lectura e despois as actividades de comprensión

Nesta páxina da NASA tes información, actividades, pasatempos...

domingo, 22 de marzo de 2020

COMPETENCIA MATEMÁTICA

Nesta ligazón vas encontrar seis actividades de matemáticas. Le atentamente o texto, fai os cálculos e selecciona a resposta correcta. No símbolo ? tes as instrucións. Preme na imaxe para empezar.

PRACTICA DIVISIÓNS CADA DÍA

XOGOS EDUCATIVOS


viernes, 20 de marzo de 2020

MÓVETE NA CASA

 Levamos días sen saír e temos que pensar en movernos dentro da casa con actividades sinxelas e divertidas. Comparto estas ideas que atopei na rede e que vos poden axudar a estar en forma.



Tamén me gustou esta manualidade


sábado, 14 de marzo de 2020

TRABALLAMOS DESDE A CASA


Esta situación que vos impide vir ao colexio non significa que esteades de vacacións senón que tedes que traballar na casa. As actividades para facer neste período atoparédelas na web do CEIP María Pita. Tamén vos quedan nestas ligazóns:
Como xa sabedes, tedes ademais moitos recursos neste blog para repasar e incluso avanzar en novos contidos. Na webmix actividades interactivas encontraredes de xeito permanente actividades variadas de lengua, lingua, matemáticas, sociais e naturais ( sabedes que está sempre na barra dereita deste blog).

Máis ligazóns para repasar e aprender:

UNIDADES DE LONXITUDE
AS FRACCIÓNS
O VERBO
ELEMENTAL QUERIDO WATSON

 
Estas manualidades podes facelas sen necesidade de moito material, anímaste?
COLLAGE
SIMETRIA
DEBUXOS PARA COLOREAR
DEBUXOS ANTIESTRÉS

martes, 3 de marzo de 2020

A NUTRICIÓN E A SAÚDE

Debemos alimentarnos de forma saudable. Cando comemos obtemos dos alimentos os nutrientes que o corpo necesita para crecer e realizar as funcións vitais. Neste proceso interveñen varios aparatos: aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. Nestas ligazóns verás como son e como funcionan.










CELEBRAMOS O ENTROIDO