miércoles, 30 de noviembre de 2016

MATEMÁTICAS

No segundo trimestre imos facer moitas multiplicacións. Para que vaiades practicando as táboas aquí vos quedan varias ligazóns.








lunes, 28 de noviembre de 2016

OS VERTEBRADOS

Aquí vos queda unha nova actividade Lim sobre os animais vertebrados. Preme na imaxe para comezar.


Para saber máis sobre os vertebrados visita esta PÁXINA

lunes, 21 de noviembre de 2016

SOCIAIS

Esta semana comezamos un novo tema: O aire e a auga.
Aquí tedes uns vídeos e uns enlaces para saber máis.
 




E para repasar todo o que sabes:


domingo, 20 de noviembre de 2016

lunes, 14 de noviembre de 2016

SOCIAIS

Aquí vos quedan estas actividades para que practiquedes o tema de sociais que estamos traballando na clase.                                                       OUTRA LIGAZÓN

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN

Celebramos estas datas  participando no concurso de monstros, traendo unhas terroríficas cabazas para a exposición e adornando as aulas e corredores.
                     
                                          Mirade que bonito este conto, parece de medo...

               

lunes, 24 de octubre de 2016


2 DE NOVEMBRO 

VISITA AO MUNCYT PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DA SEMANA DA
CIENCIA E DA ENERXÍA


Canto aprendemos e desfrutamos na visita! Velaquí vos queda unha mostra nestas fotos


martes, 18 de octubre de 2016

OS ANIMAIS INVERTEBRADOS

Sabías que os animais invertebrados son os máis numerosos do noso planeta? Este vídeo recordarache outras cousas que xa coñeces.


Demostra o que sabes sobre os animais premendo nestas ligazóns:




miércoles, 12 de octubre de 2016

PARA SABER MÁIS DO SISTEMA SOLAR

Se pinchades nestes enlaces poderedes ter máis información sobre o tema que estamos estudando en Ciencias Sociais.

O sistema solar

Os movementos da Terra

A lúa

As fases da lúa

Tamén podedes atopar actividades interesantes en Jueduland e "Contenidos educativos digitales"
 
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/

http://conteni2.educarex.es/

lunes, 3 de octubre de 2016

MAÍS RECURSOS

Outras ligazóns interesantes para saber moito máis sobre o Sistema Solar e o noso planeta Terra.


                                            


Nesta outra aprende as funcións vitais dos seres vivos.



lunes, 26 de septiembre de 2016

ESTAMOS EN 3º

Xa comezou o curso, estamos coñecendo aos novos compañeiros, aos profes que acaban de chegar e como non, descubrindo nos libros todo o que imos aprender neste curso. Esperamos que sexa un curso fantástico! Nesta ligazón tedes unha actividade Lim para que vos axude a entender mellor o primeiro tema de sociais. Intentádeo!




miércoles, 22 de junio de 2016

FIN DE CURSO

                                                      Amigos para sempre




domingo, 12 de junio de 2016

GRANXA O CANCELO

A visita á granxa O Cancelo foi estupenda, non só aprendemos moitas cousas, tamén disfrutamos cos batidos e xeados. GRANXA O CANCELO on PhotoPeach

lunes, 2 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Manuel María, no seguinte póster tedes actividades para que coñezades a súa vida e obra.

domingo, 1 de mayo de 2016

ACTIVIDADES DA SEMANA

 Esta foi unha semana chea de actividades,  velaquí vos queda unha mostra.

                                         Exhibición do campión mexicano de peón Omar Pule


Mostra de sevillanas




Contacontos na biblioteca







                                                    

martes, 26 de abril de 2016

CONTOS

Para conmemorar o Día do Libro propuxemos facer contos na aula de informática coa aplicación Storybird. O resultados son estes contiños que podedes ver na seguinte ligazón.

                  

domingo, 17 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO


O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Por que precisamente este día? Porque nesa data, no ano 1616, faleceron dous dos escritores máis importantes da literatura universal, Miguel de Cervantes e William Shakespeare. A UNESCO escolleu este día tan simbólico para homenaxear ao libro e aos seus autores así como para fomentar o gusto pola lectura.
Este ano conmemórase o cuarto centenario da morte de Cervantes, o escritor español máis importante, autor da xenial obra Don Quixote da Mancha.
                                                 



                                            
                                                 
                                                           "Los fantásticos libros voladores"
     
Na seguinte ligazón atoparás xogos sobre Cervantes e o seu libro máis famoso


                                                

    
                                                                      Máis actividades 
                                                                     
                                         


lunes, 11 de abril de 2016

SEMANA DA FROITA

Esta semana volvemos a ter froita no cole: mazás, peras, plátanos, mandarinas, amorodos. Todas estaban deliciosas e cheas de vitaminas.



viernes, 18 de marzo de 2016

CONCURSO DE DEBUXO

Hoxe entregáronse os premios do concurso de debuxo organizado pola ANPA. Felicidades a todos os participantes e parabéns aos gañadores. Velaquí vos quedan estas fotos de recordo.

jueves, 3 de marzo de 2016

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Hoxe visitounos Marián, da Oficina Municipal do Consumo,  para levar a cabo actividades sobre unha alimentación saudable. Pica na imaxe e segue aprendendo.
Estivestes moi atentos. Seguro que agora sabedes moito máis sobre o que tedes que comer a diario,  e as chuches, os doces... só de vez en cando.














miércoles, 24 de febrero de 2016

CONCERTO

Como desfrutamos hoxe no Palacio da Ópera coa sinfonía musical "Pedro e o lobo"! Foi interpretada polo Quinteto InVento.





                                                          CONCERTO DIDÁCTICO on PhotoPeach

sábado, 13 de febrero de 2016

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA recitando poemas na biblioteca.
                                                         


Insertar en Blog - collages
                                                                 
Nestas ligazóns atoparedes moitas actividades para coñecer mellor a esta fantástica escritora.






lunes, 1 de febrero de 2016

ENTROIDO

Chega esta festa tan divertida! Na seguinte ligazón podes aprender moito sobre as tradicións desta festa en Galicia: disfraces, comidas... Pica na imaxe e divírtete.

                       
Outras cousiñas que che poden gustar:
                                                              Fábrica de caras
                                                       

domingo, 17 de enero de 2016

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Comezamos coas semanas de froita no cole. Alimentarnos de forma saudable é fundamental para estar sans.  Pica nas froitas, practica e aprende nestas ligazóns.

lunes, 11 de enero de 2016