martes, 8 de diciembre de 2020

A NUTRICIÓN

No novo tema de naturais estudaremos a función de nutrición. Infórmate nestes vídeos sobre o aparato dixestivo.



OS NUTRIENTES

OS SISTEMAS DO CORPO HUMANO

APLICA O QUE APRENDICHES







PROXECTO ESCOLAR

 2021 Ano Internacional das Froitas e Hortalizas

Nunha dieta saudable non poden faltar estes alimentos, por eso desde a biblioteca escolar escolleuse este tema para o proxecto deste ano.
Para comezar, aquí vos quedan uns xogos da web 5aldia.org para coñecer algo máis deste fantásticos alimentos! Preme nas froitas para empezar.









sábado, 14 de noviembre de 2020

jueves, 1 de octubre de 2020

ESTAMOS NO OUTONO

Sabes algún refrán do outono? Visita o blog do  EDLG María Pita https://edlgmariapita.blogspot.com/2020/09/onte-comezou-o-outono.html e compárteo.

Por que o ano ten distintas estacións? 



             


martes, 22 de septiembre de 2020

A TERRA, UN PUNTO NO UNIVERSO

 Nestes vídeos podes ampliar o que empezamos a estudar no tema 1 de Sociais. 

Se che gusta o tema do espazo visita estas páxinas

SPACEPLACE.NASA

LANASA.NET













jueves, 10 de septiembre de 2020

COMEZAMOS

Comezamos un curso excepcional que recordaremos sempre, con moitísimas cousas novas e coa confianza de que todo sairá ben. 




                                                                                   


jueves, 18 de junio de 2020

martes, 2 de junio de 2020

NOVAS TAREFAS


Comezamos a tarefa de lengua neste mes  de xuño coa lectura do libro El tesoro del dragón de Rafael Ordóñez.  Seguro que vos soan outros libros deste escritor: Os lunares de Renata, Sopa de Europa, A estrela viaxeira...
A ilustradora é Violeta Monreal. Déixovos este vídeo para que a coñezades, ademais ela faivos unha bonita proposta.

Nestas ligazóns tedes máis recursos para practicar e aprender.

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS

17 DE MAIO

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. No blog do EDLG  tedes moitas novas sobre esta celebración. Non deixedes de visitalo.
Nesta data tamén se conmemora o Día de Internet. Imos telo en conta para saber un pouco máis de internet e como aprender a navegar seguros. Moi importante neste momento que usamos moito máis as ferramentas dixitais.

Se tes interese por coñecer a historia de internet, nesta lígazón tes un vídeo.

¿Como navegar seguros por internet? Fixádevos nas recomendacións que vos dan. Tédelas que usar na tarefa de Lengua desta semana.


Sabedes que existe unha brigada de investigación tecnolóxica na policía para evitar que se produzan delitos na rede? Nesta ligazón quédanvos uns pasatempos e recomendacións de seguridade.
TAREFAS SEMANAIS
Na Aula Virtual tedes as tarefas desta semana, e nas seguintes ligazóns podedes aprender un pouco máis








miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Proposta da BIBLIOTECA MARÍA PITA para celebrar o Día do Libro
Para que non deixedes de ler mentres estades na casa,  a rede de bibliotecas públicas de Galicia  proporciona un servizo de préstamo en formato dixital GALICIA LE
Baía Edicións tamén vos ofrece lecturas gratuitas BAÍA EDICIÓNS
Ideas de LIBROS que vos poden gustar. Podedes filtralos por idades.
Tamén en GALEGO

COMO DI A PITA MARÍA:
                                                            "UN LIBRO É SEMPRE UN BO AMIGO"









martes, 21 de abril de 2020

NOVAS TAREFAS

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Na Aula Virtual están as tarefas desta semana. Nas  seguintes ligazóns tedes máis recursos para repasar contidos. Repasade as táboas, é imprescindible que as saibades perfectamente.

TÁBOAS DE MULTIPLICAR
MULTIPLICACIÓNS
A RESTA
CLASES DE SÍLABAS


Tede en conta estas recomendacións para facer a tarefa de Naturais

TARTA DE GALLETAS
Só de vez en cando podemos permitirnos algún doce, por exemplo, cando estamos de celebración. Fixádevos nesta rica receita, tédela na tarefa de Lengua. 








sábado, 18 de abril de 2020

DESDE A CASA

Algunhas actividades para pasar o tempo esta fin de semana

VISITA ALGÚN MUSEO DO MUNDO

QUE CHE PARECE ESTA CURTAMETRAXE?



XOGAR UN POUCO?



PREFIRES COCIÑAR?


OU QUE CHE CONTEN UN CONTO?



martes, 14 de abril de 2020

NOVAS TAREFAS

 O CINE


Esta semana continuamos co proxecto escolar deste curso. Realizade a seguinte actividade LIM  e na aula virtual do colexio tedes as tarefas que debedes contestar.




jueves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O pasado 10 de marzo visitamos a biblioteca Miguel González Garcés
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril en homenaxe ao escritor Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos, entre eles O parruliño feo, A sereíña, O soldadiño de chumbo...
Anímate e participa desde a casa no concurso Un poema na túa voz, organizado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Tes ata o 10 de abril. Preme na imaxe e infórmate!


Se queres saber máis sobre Hans Christian Andersen preme na ligazón

miércoles, 1 de abril de 2020

CONCERTO

Para o día de hoxe, 1 de abril, tiñamos programada unha saída ao Palacio da Ópera para asistir ao concerto didáctico da Orquestra Sinfónica de Galicia. Hoxe non pode ser...deixámolo para máis adiante!
Nesta ocasión, os músicos da OSG queren mandar unha mensaxe de ánimo a todos con este vídeo musical Sé Nimrod, un rebelde, non te rindas.




lunes, 30 de marzo de 2020

NOVAS TAREFAS


Canto vos botamos en falta! Pero xa sabedes que temos que seguir traballando desde a casa. Na web do colexio están publicadas as novas tarefas para este período. Podedes empregar os seguintes recursos que vos axudarán  a facer algunhas delas.




viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO


O día mundial do teatro conmemórase anualmente o 27 de marzo desde 1961



Adaptación do libro Rubicundo, de María Canosa, representado pola compañía de teatro Ghazafelhos e compartido por Afundación.org



         

miércoles, 25 de marzo de 2020

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

Preme na ligazón para facer as actividades
 Nesta outra ligazón podes facer periodicamente unha lectura e despois as actividades de comprensión

Nesta páxina da NASA tes información, actividades, pasatempos...

domingo, 22 de marzo de 2020

COMPETENCIA MATEMÁTICA

Nesta ligazón vas encontrar seis actividades de matemáticas. Le atentamente o texto, fai os cálculos e selecciona a resposta correcta. No símbolo ? tes as instrucións. Preme na imaxe para empezar.

PRACTICA DIVISIÓNS CADA DÍA

XOGOS EDUCATIVOS


viernes, 20 de marzo de 2020

MÓVETE NA CASA

 Levamos días sen saír e temos que pensar en movernos dentro da casa con actividades sinxelas e divertidas. Comparto estas ideas que atopei na rede e que vos poden axudar a estar en forma.



Tamén me gustou esta manualidade


sábado, 14 de marzo de 2020

TRABALLAMOS DESDE A CASA


Esta situación que vos impide vir ao colexio non significa que esteades de vacacións senón que tedes que traballar na casa. As actividades para facer neste período atoparédelas na web do CEIP María Pita. Tamén vos quedan nestas ligazóns:
Como xa sabedes, tedes ademais moitos recursos neste blog para repasar e incluso avanzar en novos contidos. Na webmix actividades interactivas encontraredes de xeito permanente actividades variadas de lengua, lingua, matemáticas, sociais e naturais ( sabedes que está sempre na barra dereita deste blog).

Máis ligazóns para repasar e aprender:

UNIDADES DE LONXITUDE
AS FRACCIÓNS
O VERBO
ELEMENTAL QUERIDO WATSON

 
Estas manualidades podes facelas sen necesidade de moito material, anímaste?
COLLAGE
SIMETRIA
DEBUXOS PARA COLOREAR
DEBUXOS ANTIESTRÉS

martes, 3 de marzo de 2020

A NUTRICIÓN E A SAÚDE

Debemos alimentarnos de forma saudable. Cando comemos obtemos dos alimentos os nutrientes que o corpo necesita para crecer e realizar as funcións vitais. Neste proceso interveñen varios aparatos: aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. Nestas ligazóns verás como son e como funcionan.










CELEBRAMOS O ENTROIDO

lunes, 3 de febrero de 2020

SOCIAIS

O CICLO DA AUGA


Completa o tema de Sociais practicando nas seguintes ligazóns sobre a importancia da auga para a vida e o ciclo da auga

lunes, 13 de enero de 2020

CIENCIAS NATURAIS

Preme na imaxe e explora os órganos dos sentidos



SOCIAIS

O RELEVO

Nestas ligazóns podedes aprender cales son os elementos do relevo e practicar o tema de Sociais co que iniciamos o trimestre.

                     FORMAS DE RELEVO INTERIOR
                     FORMAS DE RELEVO DE COSTA
         ELEMENTOS DA PAISAXE

MAPAS INTERACTIVOS PARA PRACTICAR
ESPAÑA

GALICIA

PAISAXES DE GALICIA