jueves, 6 de febrero de 2014

SAÍDA DIDÁCTICA

Os alumn@s de 1º visitamos o día 5 deste mes a fábrica de patacas fritidas "BONILLA" que está no polígono industrial de Sabón.
 Estabamos moi inquedos e desexando chegar.
Unha vez alí recibiunos unha traballadora da fábrica moi amable. Puxemos unhas batas brancas por hixiene, xa que estabamos rodeados de alimentos.
Unha vez dentro da fábrica vimos sacos xigantes de patacas; despois unha máquina as lavaba e pelaba. Máis adiante outra máquina as cortaba moi finas e pasaban por un caixón de auga con sal.
Despois vimos unha máquina que fritía as patacas e por último a máquina empaquetadora, que metía as patacas en bolsas, que ían en caixas para o almacén.
Foi moi interesante e pasámolo XENIAL!!
Como nos portamos tan ben, regaláronnos unha bolsa de patacas e outra de gusanitos.

Aquí van algunhas fotos da nosa visita




2 comentarios:

  1. Vaia cariñas....estábades moi atentos. Seguro que vos encantou!!! Biquiños para todos.

    ResponderEliminar
  2. Foi unha saída, moi productiva. O meu, cada vez que ve unha furgoneta de Bonilla, grita: "Bonilla, Bonilla", e seguidamente me explica como se fan as patatas.

    ResponderEliminar