Hoxe visitounos Fina Casalderrey. Con ela falamos da súa obra, de como chegou a ser escritora e sobre todo do libro Chamizo, que lemos na clase recentemente. Unha das actividades que fixemos na clase foi crear un novo final para o conto. Quedaron moi bonitos, tedes moita imaxinación!
Como nos di sempre a pita María "Un libro é un bo amigo". Hoxe é un día especial, o Día Internacional do Libro e queremos ter esta mensaxe moi presente. Desfrutade da lectura!!!
Antía Insua contounos o venres o precioso conto "Encender la noche" que relata a historia dun neno ao que non lle gusta a noite. Quen non tivo medo algunha vez da escuridade?