Aquí vos deixo un enlace para que poidades xogar co noso amigo Pipo. Na clase temos algún xogo de matemáticas e lingua de Pipo, e con el xogamos e aprendemos.
Con este enlace podemos tamén xogar na casa. Son especialmente interesantes os apartados "Juegos" e "Actividades" con un montón de cousas que facer para nos divertir (contos, adiviñas, vídeos,...).
¡¡Pasádeo ben!!
FAI CLIC AQUÍ PARA XOGOS
jueves, 27 de marzo de 2014
sábado, 22 de marzo de 2014
CONTAMOS XOGANDO
Por fin xuntamos os tapóns para facer a nosa máquina de contar. Este venres estreamos a máquina e gustounos moito. Agora seguimos traendo algúns tapóns para ver se podemos facer outra. Estamos encantados e desexando utilizala moitas veces para aprender todos os números do 1 ao 100.




¡¡ XA TEMOS DÚAS MÁQUINAS !!




PROXECTO "O MAR"
No noso cole estamos a traballar nun proxecto sobre o mar. Moitas das nosas actividades teñen que ver con este tema.
Estes días estamos a ver distintas especies de peixes. Tivemos un cabracho, raia, polbo cabezudo,... un pequeno tiburón (cazón) e unha enooooorme cabeza de peixe espada. A exposición estaba no hall da entrada e as mestras leváronnos a vela. Foi XENIAL!!
Estes días estamos a ver distintas especies de peixes. Tivemos un cabracho, raia, polbo cabezudo,... un pequeno tiburón (cazón) e unha enooooorme cabeza de peixe espada. A exposición estaba no hall da entrada e as mestras leváronnos a vela. Foi XENIAL!!
SEGUNDO TRIMESTRE
Ao longo do trimestre os de 2ºB fixemos variadas actividades, nas fotos veredes unha mostra.
jueves, 20 de marzo de 2014
CANCIÓN MESES DO ANO
Os alumn@as de 1ºB estamos traballando cos meses do ano. Para aprendelos mellor e nos divertir
imos cantar esta bonita canción. Animádevos a practicar en casa en familia e/ou con amig@s.
imos cantar esta bonita canción. Animádevos a practicar en casa en familia e/ou con amig@s.
miércoles, 19 de marzo de 2014
jueves, 6 de marzo de 2014
MERENDAS SAUDABLES
O noso cole está a participar nun programa de alimentación saudable. Nesta ocasión o programa no que participamos é "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA".
Hoxe visitáronnos unhas monitoras que nos explicaron a importancia de comer de forma saudable. Trouxeron un montón de alimentos variados e sans para facer un botaca. Cada un de nós eliximos o bocata que queríamos e metíamos dentro do pan os ingredientes que máis nos gustaron. Tiñan ingredientes de orixe animal (xoubiñas, atún e mexillóns e queixo) e tamén vexetais (leituga, tomate, brotes de soja, aceitunas, cenoria,...). Vaia bocatas que fixemos!. E cómo nos puxemos ! Estaban riquísimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)