TALLER DE PLÁSTICA
martes, 21 de febrero de 2017
CONCERTO
Hoxe fomos ao Palacio da Ópera ao concerto Historias do Mar (Obertura O Holandés Errante, de Richard Wagner), interpretado pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Foi unha experiencia fantástica, non hai máis que velas fotos!
ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
lunes, 13 de febrero de 2017
sábado, 4 de febrero de 2017
AS PLANTAS QUE NOS RODEAN
O proxecto da biblioteca para este curso trata sobre as plantas. En terceiro centrámonos nas árbores máis representativas de Galicia e que mellor que velas nun lugar tan marabilloso como son As Fragas do Eume. Para iniciar o proxecto lemos na clase o precioso conto de Agustín Fernández Paz "No corazón do bosque", que nos levou ao lugar onde vive o seu protagonista, o trasno Derdrín, ás Fragas do Eume.
Abre este Lim en pantalla completa para velo mellor e...ADÉNTRATE NO BOSQUE!!!
Investiga e aprende nestas ligazóns:
ÁRBORES DE GALICIA
ÁRBORES DE GALICIA - WIKIPEDIA
AS FRAGAS DO EUME
ÁRBORES DE GALICIA
ÁRBORES DE GALICIA - WIKIPEDIA
AS FRAGAS DO EUME
viernes, 3 de febrero de 2017
1 de febreiro
UNHA INTERESANTE LECCIÓN DE CIENCIAS
Cantas cousas aprendemos coas informacións que nos deu Jaineli, a nai da nosa compañeira Nicole!!!
Coas súas explicacións sobre o corpo humano completamos o tema de ciencias naturais que estamos estudando.
Agradecémoslle todos moito a súa colaboración.
Agradecémoslle todos moito a súa colaboración.
Para aprender máis sobre este tema veixámosvos estas ligazóns:
A SAÚDE E A ENFERMIDADE
A NUTRICIÓN
O CORPO CAMBIA
ETAPAS DA VIDA
domingo, 22 de enero de 2017
30 DE XANEIRO
![]() |
Canción para o DÍA DA PAZ
Imaxinemos un mundo mellor
UN CONTO PARA FACER A PAZ
“O Día Escolar da Non violencia e a Paz” (DENIP), coñecido tamén como o “Día Internacional da Non violencia e a Paz” iniciouse no ano 1964 e o seu promotor foi o poeta, educador e pacifista español LLORENÇ VIDAL. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Celébrase todos os anos o 30 de xaneiro nas escolas de todo o mundo para conmemorar o aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, acadou a independencia da India, o seu país natal.
"A persoa que non está en paz consigo mesma, será unha persoa en guerra co mundo enteiro"
( Mahatma Gandhi)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





