domingo, 22 de enero de 2017

30 DE XANEIRO

Canción para o DÍA DA PAZ 



Imaxinemos un mundo mellor


 




UN CONTO PARA FACER A PAZ
 
 





               

“O Día Escolar da Non violencia e a Paz” (DENIP), coñecido tamén como o “Día Internacional da Non violencia e a Paz” iniciouse no ano 1964 e o seu promotor foi o poeta, educador e pacifista español  LLORENÇ VIDAL. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.




Celébrase todos os anos o 30 de xaneiro nas escolas de todo o mundo para conmemorar o aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, acadou a independencia da India, o seu país natal.

"A persoa que non está en paz consigo mesma, será unha persoa en guerra co mundo enteiro"

                                                                                                             (  Mahatma Gandhi)

No hay comentarios:

Publicar un comentario