martes, 31 de diciembre de 2013

1º TRIMESTRE 1ºB



Os alumn@s de 1ºB divertímonos moito este primeiro trimestre. 

Celebramos o Magosto

 Facemos visitas á biblioteca
 Construímos puzzles entre todos
 O que máis nos gusta é xogar cos números e letras no ordenador


Aínda que non todo foi festa. De cando en vez toca traballar, e iso tamén o sabemos facer moi ben.




Feliz 2014



Os alumn@s de 1ºB queremos desexar a tod@s un Feliz ano novo, 2014.



CONCURSOS 1º Trimestre (1ºB)

Neste primeiro trimestre, os alumn@s de 1ºB realizamos moitas actividades.
A parte das distintas actividades nos libros e fichas, participamos nun montón de concursos.

- "I Concurso de Monstros" organizado polo equipo de Biblioteca do cole. Neste concurso levou o premio Kike Núñez.

- Concurso de "Castañeiros", organizado polo equipo de actividades extraescolares do centro. Nesta ocasión o noso compañeiro Tomás Iglesias levou o seu premio.

- Concurso "Debuxa o teu cole", organizado polos Bolechas. Non resultamos premiados, pero agardamos un premio por participar.

- Concurso "Postais de Nadal", organizado polo equipo de Dinamización da lingua galega do centro. Nesta ocasión levou o premio Uxía (1ºA).

Premiado mellor castañeiro

Premiado Concurso de Monstros


Facemos tarxetas de Nadal para o concurso







jueves, 26 de diciembre de 2013

Primeiro Trimestre

Rematamos o trimestre con actividades colectivas e entregando os agasallos aos gañadores do concurso de postais de Nadal.Que ben o pasamos!!!
                                                               

sábado, 21 de diciembre de 2013

Bo Nadal


Lecturas



A Pita María recomendouvos lecturas para este Nadal. Non esquezades o seu lema: "Un libro é un bo amigo".

                                                                    

                                                        

jueves, 19 de diciembre de 2013

Decoramos para Nadal

Que bonitos quedaron os corredores coas manualidades que fixemos.
                                                     




Coñecemos o corpo humano

Para que poidades ver como somos por dentro fixádevos neste interesante vídeo.
                                                               

lunes, 16 de diciembre de 2013

O reloxo

Queres saber que hora é? Practica neste xogo
                                                         

sábado, 14 de diciembre de 2013

Papá Noel visitou o colexio

O xoves chegou ao colegio Papá Noel. Menuda sorpresa!
                                                      

jueves, 12 de diciembre de 2013

Benvidos ao noso blog.

Este é o blog dos alumnos e alumnas de primeiro ciclo de primaria do colexio MARIA PITA. Pretendemos que sexa un medio para que as familias e os alumnos esteades informados do que facemos no cole e tamén un sitio onde iremos poñendo recursos e enlaces cos que poder traballar tanto na casa como na aula e desta forma estimular a nosa aprendizaxe. As profesoras de primeiro ciclo desexamos que aproveitedes este recurso.