Para que non deixedes de ler mentres estades na casa, a rede de bibliotecas públicas de Galicia proporciona un servizo de préstamo en formato dixital GALICIA LE
Baía Edicións tamén vos ofrece lecturas gratuitas BAÍA EDICIÓNS
Ideas de LIBROS que vos poden gustar. Podedes filtralos por idades.
Tamén en GALEGO
Na Aula Virtual están as tarefas desta semana. Nas seguintes ligazóns tedes máis recursos para repasar contidos. Repasade as táboas, é imprescindible que as saibades perfectamente.
Tede en conta estas recomendacións para facer a tarefa de Naturais
TARTA DE GALLETAS
Só de vez en cando podemos permitirnos algún doce, por exemplo, cando estamos de celebración. Fixádevos nesta rica receita, tédela na tarefa de Lengua.
Esta semana continuamos co proxecto escolar deste curso. Realizade a seguinte actividade LIM e na aula virtual do colexio tedes as tarefas que debedes contestar.
O pasado 10 de marzo visitamos a biblioteca Miguel González Garcés
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril en homenaxe ao escritor Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos, entre eles O parruliño feo, A sereíña, O soldadiño de chumbo...
Anímate e participa desde a casa no concurso Un poema na túa voz, organizado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Tes ata o 10 de abril. Preme na imaxe e infórmate!
Se queres saber máis sobre Hans Christian Andersen preme na ligazón
Para o día de hoxe, 1 de abril, tiñamos programada unha saída ao Palacio da Ópera para asistir ao concerto didáctico da Orquestra Sinfónica de Galicia. Hoxe non pode ser...deixámolo para máis adiante!
Nesta ocasión, os músicos da OSG queren mandar unha mensaxe de ánimo a todos con este vídeo musical Sé Nimrod, un rebelde, non te rindas.