viernes, 31 de octubre de 2014

CELEBRACIÓN NO COLEXIO

Este curso celebramos o Samaín con exposición de cabazas, concurso de debuxos de monstros, adornos terroríficos en portas e corredores... Que medo!! SAMAÍN on PhotoPeach

domingo, 26 de octubre de 2014

CHEGA O SAMAÍN


Chegou o outono, que nos trae moitos cambios: noites longas, choiva, vento, follas que caen...Tamén é tempo do Samaín. Nestes enlaces podes coñecer máis sobre as tradicións desta festa, xogar e aprender cancións.



Libros para ler no Samaín  







jueves, 23 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas. Xa coñecemos e empregamos a do colexio e en datas próximas visitaremos a biblioteca Miguel González Garcés, onde faremos varias actividades e pasarémolo xenial!!

MATEMÁTICAS

Os de primeiro estamos practicando cos números e aprendendo a sumar. Divírtete e aprende nestes enlaces.

viernes, 10 de octubre de 2014

BIBLIOTECA

Hoxe tocounos aos de primeiro ir á biblioteca onde tres alumnas de 5º curso contáronnos un divertido conto: "Dani y los dinosaurios en el museo". Pasámolo xenial. Que atentos estades nas fotos!!! Conto na biblioteca on PhotoPeach

miércoles, 8 de octubre de 2014

OS DE PRIMEIRO

Xa estades en primaria e, aínda que sodes os máis pequenos, xa sabedes facer moitas cousas e ides aprender moitas máis ao longo do curso. Que ben quedastes nas fotos!!!


                                                                 
                                                                        1º A on PhotoPeach 1º B on PhotoPeach 1º C on PhotoPeach

domingo, 5 de octubre de 2014

CHEGOU O OUTONO

Preme nos enlaces e aprende o que pasa no outono, escoita a preciosa música de Vivaldi e tamén mira e escoita o conto: Chegou o outono.