jueves, 20 de febrero de 2014

VISITA AOS BOMBEIROS

Os de 2º visitamos o servizo de bombeiros de A Coruña. Foi moi interesante. Ricardo, o bombeiro que nos guiou na visita, explicounos moitas cousas: que facer en caso de incendio, medidas de prevención, como se preparan  para o seu traballo, os traxes, os camións... Que ben o pasamos!
           
                                                     

miércoles, 19 de febrero de 2014

MATEMÁTICAS CON TAPÓNS

Os alumn@s de 1ºB imos facer unha máquina para traballar os números do 1 ó 100. Para facela imos xuntar entre tod@s 100 tapóns de bricks de cor branca. Despois construiremos na clase a máquina e ... ¡a xogar e practicar!

Así será a nosa máquina:




Deixamos tamén outras imaxes de distintas ideas para traballar as "mates" con tapóns. Se alguén na familia é bo nas manualidades... ¡adiante! Animádevos a facer os vosos xogos, de seguro que os nen@s se animan e axudan na fabricación.







lunes, 10 de febrero de 2014

DÍA DE INTERNET SEGURA

Celébrase maná, día 11 de febreiro. Nos enlaces podedes aprender a utilizar internet dun xeito responsable e seguro.

                       

jueves, 6 de febrero de 2014

SAÍDA DIDÁCTICA

Os alumn@s de 1º visitamos o día 5 deste mes a fábrica de patacas fritidas "BONILLA" que está no polígono industrial de Sabón.
 Estabamos moi inquedos e desexando chegar.
Unha vez alí recibiunos unha traballadora da fábrica moi amable. Puxemos unhas batas brancas por hixiene, xa que estabamos rodeados de alimentos.
Unha vez dentro da fábrica vimos sacos xigantes de patacas; despois unha máquina as lavaba e pelaba. Máis adiante outra máquina as cortaba moi finas e pasaban por un caixón de auga con sal.
Despois vimos unha máquina que fritía as patacas e por último a máquina empaquetadora, que metía as patacas en bolsas, que ían en caixas para o almacén.
Foi moi interesante e pasámolo XENIAL!!
Como nos portamos tan ben, regaláronnos unha bolsa de patacas e outra de gusanitos.

Aquí van algunhas fotos da nosa visita




lunes, 3 de febrero de 2014

TRABALLAMOS POLA PAZ

Os nen@s de 1º B traballamos un montón para celebrar o día da PAZ o 30 de xaneiro. Fixemos un lote de cousas que vos imos amosar: