martes, 29 de abril de 2014

O PEQUENO XARDÍN

Neste último trimestre, os alumn@s de 1ºB decidimos crear un pequeno xardín na nosa clase. A semana pasada vimos en Coñecemento do Medio un tema sobre as plantas e pensamos que sería bo ver o que aprendimos "en vivo".
Estamos a experimentar distintas formas de plantar. Para iso trouxemos a clase un talo de xeranio. Puxémolo nunha maceta directamente na terra, sen raíz e... prendeu!!! De feito ata lle naceu unha flor. Así aprendimos que algunhas plantas pódense plantar ser raíz.
Tamén trouxemos outros tipos de plantas, pero estas non prenden sen raíz, así que as puxemos nun recipiente con auga uns días, e... Que sorpresa levamos!! Medráronlle raíces. Despois tamén as puxemos noutra maceta.
A última parte do noso pequeno proxecto (e a máis difícil) consiste en plantar sementes. Eleximos plantar perexil. Levamos sementes a clase e plantámolas noutra maceta. Como sobraron bastantes imos plantar cada un de nós nun vaso para levar para a casa. Agora temos que agardar a ver se medra. 
Entre todos, encargámonos do coidado do noso "xardín". 
Mirade as fotos das nosas plantas.
Iremos colocando máis fotos segundo vaian medrando.
MEDRAN RAÍCES


XERANIO











SEMENTES PEREXIL


PEREXIL

XARDÍN
REGAMOS



DESPOIS DA PLANTACIÓN, XA TEMOS ALGÚNS RESULTADOS. AS NOSAS PLANTAS MEDRAN COS NOSOS COIDADOS.  VELAQUÍ ESTÁN. 




















ATA 100

Os nen@s de primeiro xa coñecemos os números ata o 100. Agora quédanos  todo o posible para non os esquecer.
Na clase, a parte das actividades dos libros e no ordenador, temos as máquinas que nós mesmos fixemos cos tapóns que trouxemos da casa. En canto temos un pouco de tempo corremos cara elas para xogar. Aquí tedes unha mostra.






VISITAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe os nen@s de primeiro visitamos a bibilioteca "MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS". 
Na porta nos agardaba Elena, unha das bibliotecarias para nos introducir no marabilloso e máxico mundo dos contos.
Leunos o conto de Andersen "El Soldadito de plomo", e vimos unha versión deste conto en película "O soldadiño de chumbo". Foi xenial.
Despois pasamos a ver os libros que están expostos e en préstamo. Alí fixemos xogos e adiviñas cos contos. Pasámolo moi ben. 
Aínda non sabemos cómo, pero Elena sabía que estamos a facer un proxecto sobre o mar no cole (quen llo contaría??) e amosounos libros sobre o mar, animais marinos, oficios do mar,...
Para rematar vimos unha exposición de carteis tamén sobre o mar.
A verdade é que a bibliotecaria Elena fixo que pasásemos un tempo estupendo na biblioteca. Grazas Elena.



VISITAMOS UNHA BIBLIOTECA on PhotoPeach

martes, 8 de abril de 2014

MULTIPLICAMOS

Para que aprendas as táboas  con música e xogos,  practica nestes enlaces.

                                                                       















jueves, 3 de abril de 2014

PRACTICA CO RELOXO

Déixovos estes enlaces nos que podedes practicar a lectura do reloxo analóxico e dixital. Que hora é?



miércoles, 2 de abril de 2014

O NOSO AMIGO RICARDO

Hoxe recibimos a agradable visita do noso amigo bombeiro, Ricardo. Veu a recoller os debuxos que fixemos con motivo da nosa saída aos bombeiros do pasado mes de febreiro. Encantáronlle os nosos debuxos e traballos!!!
                                                         

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL coincidindo co nacemento de H.C. Andersen (Odense- Dinamarca 2 abril de 1805).
Para esta celebración estivemos a ler na clase algúns dos seus contos máis coñecidos. Todos nós coñeciamos xa os contos, pero gustounos ler entre todos estes títulos.