jueves, 18 de junio de 2020

martes, 2 de junio de 2020

NOVAS TAREFAS


Comezamos a tarefa de lengua neste mes  de xuño coa lectura do libro El tesoro del dragón de Rafael Ordóñez.  Seguro que vos soan outros libros deste escritor: Os lunares de Renata, Sopa de Europa, A estrela viaxeira...
A ilustradora é Violeta Monreal. Déixovos este vídeo para que a coñezades, ademais ela faivos unha bonita proposta.

Nestas ligazóns tedes máis recursos para practicar e aprender.

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS

17 DE MAIO

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. No blog do EDLG  tedes moitas novas sobre esta celebración. Non deixedes de visitalo.
Nesta data tamén se conmemora o Día de Internet. Imos telo en conta para saber un pouco máis de internet e como aprender a navegar seguros. Moi importante neste momento que usamos moito máis as ferramentas dixitais.

Se tes interese por coñecer a historia de internet, nesta lígazón tes un vídeo.

¿Como navegar seguros por internet? Fixádevos nas recomendacións que vos dan. Tédelas que usar na tarefa de Lengua desta semana.


Sabedes que existe unha brigada de investigación tecnolóxica na policía para evitar que se produzan delitos na rede? Nesta ligazón quédanvos uns pasatempos e recomendacións de seguridade.
TAREFAS SEMANAIS
Na Aula Virtual tedes as tarefas desta semana, e nas seguintes ligazóns podedes aprender un pouco máis








miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Proposta da BIBLIOTECA MARÍA PITA para celebrar o Día do Libro
Para que non deixedes de ler mentres estades na casa,  a rede de bibliotecas públicas de Galicia  proporciona un servizo de préstamo en formato dixital GALICIA LE
Baía Edicións tamén vos ofrece lecturas gratuitas BAÍA EDICIÓNS
Ideas de LIBROS que vos poden gustar. Podedes filtralos por idades.
Tamén en GALEGO

COMO DI A PITA MARÍA:
                                                            "UN LIBRO É SEMPRE UN BO AMIGO"









martes, 21 de abril de 2020

NOVAS TAREFAS

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Na Aula Virtual están as tarefas desta semana. Nas  seguintes ligazóns tedes máis recursos para repasar contidos. Repasade as táboas, é imprescindible que as saibades perfectamente.

TÁBOAS DE MULTIPLICAR
MULTIPLICACIÓNS
A RESTA
CLASES DE SÍLABAS


Tede en conta estas recomendacións para facer a tarefa de Naturais

TARTA DE GALLETAS
Só de vez en cando podemos permitirnos algún doce, por exemplo, cando estamos de celebración. Fixádevos nesta rica receita, tédela na tarefa de Lengua.