miércoles, 12 de septiembre de 2018
REGRESAMOS
Xa estamos aquí, comezando un novo curso! Agárdanvos moitas novidades que pouco a pouco iredes coñecendo. Queremos que empecedes con moita ilusión. Benvidos!!!
martes, 12 de junio de 2018
jueves, 24 de mayo de 2018
SOCIAIS
A VIDA NO PASADO
Nestas ligazóns podes aprender moito sobre o tema de historia que estudamos na clase.
miércoles, 9 de mayo de 2018
domingo, 6 de mayo de 2018
A Torre de Hércules
Días 7 (4º-A), 8 (4º-B) e 10 (4º-C) de maio de 2018
Visita á Torre de Hércules
Na nosa cidade érguese un dos monumentos
máis representativos da historia galega
de todos os tempos. É a Torre de Hércules, que está situada entre a ensenada do
Orzán e o golfo Ártabro. Un edificio que dende hai centos de anos leva guiado aos miles de barcos que teñen entrado na cidade de A Coruña. É
o faro máis antigo de Europa que aínda segue prestando servizo aos navegantes
actuais. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 27 de xuño do ano
2009.
Conta a lenda que Hércules, fillo
de Zeus, venceu ao xigante Xerión,
que gobernaba vilmente a comarca. Unha
vez vencido decapitouno, e no lugar onde soterrou a cabeza construíu un túmulo
sobre o que acendeu un facho. Neste lugar funda a ciudade, á que lle puxo o
nome da primeira habitante, unha muller que se chamaba Crunia.
-------------------
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)


