martes, 26 de abril de 2016
CONTOS
Para conmemorar o Día do Libro propuxemos facer contos na aula de informática coa aplicación Storybird. O resultados son estes contiños que podedes ver na seguinte ligazón.
domingo, 17 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO
O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Por que precisamente este día? Porque nesa data, no ano 1616, faleceron dous dos escritores máis importantes da literatura universal, Miguel de Cervantes e William Shakespeare. A UNESCO escolleu este día tan simbólico para homenaxear ao libro e aos seus autores así como para fomentar o gusto pola lectura.
Este ano conmemórase o cuarto centenario da morte de Cervantes, o escritor español máis importante, autor da xenial obra Don Quixote da Mancha.
"Los fantásticos libros voladores"
Na seguinte ligazón atoparás xogos sobre Cervantes e o seu libro máis famoso
lunes, 11 de abril de 2016
SEMANA DA FROITA
Esta semana volvemos a ter froita no cole: mazás, peras, plátanos, mandarinas, amorodos. Todas estaban deliciosas e cheas de vitaminas.
viernes, 18 de marzo de 2016
CONCURSO DE DEBUXO
Hoxe entregáronse os premios do concurso de debuxo organizado pola ANPA. Felicidades a todos os participantes e parabéns aos gañadores. Velaquí vos quedan estas fotos de recordo.
martes, 8 de marzo de 2016
jueves, 3 de marzo de 2016
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Hoxe visitounos Marián, da Oficina Municipal do Consumo, para levar a cabo actividades sobre unha alimentación saudable. Pica na imaxe e segue aprendendo.
Estivestes moi atentos. Seguro que agora sabedes moito máis sobre o que tedes que comer a diario, e as chuches, os doces... só de vez en cando.
miércoles, 24 de febrero de 2016
CONCERTO
Como desfrutamos hoxe no Palacio da Ópera coa sinfonía musical "Pedro e o lobo"! Foi interpretada polo Quinteto InVento.
CONCERTO DIDÁCTICO on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








