jueves, 29 de mayo de 2014

COÑECEMENTO DO MEDIO

Os de segundo estamos a estudar o tema dos animais. Como sei que vos gusta moito, aquí deixo uns enlaces para aprender e xogar.
                                                                                                             

BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS

Os de segundo fomos de visita á biblioteca Miguel González Garcés. Elena, a bibliotecaria, ensinounos todas as cousas que podemos atopar na biblioteca: exposicións, libros de consulta, contos, xogos... Tamén nos contou unhas historias divertidas.

martes, 20 de mayo de 2014

ACTIVIDADE ANIMACIÓN LECTURA

Hai uns días os alumn@s do primeiro ciclo tivemos unha visita moi esperada. Tivemos unha sesión de contacontos e animación á lectura na biblioteca do noso cole.
Os alumn@s de 1ºB estivemos a ler este curso o libro El secuestro de la bibliotecaria, que por certo foi moi interesante. Tamén fixemos actividades na clase sobre o libro.
Por fin chegou o día en que traballaríamos co libro nun contacontos. Visitounos unha rapaza moi simpática e con ela os nen@s de primeiro fixemos unha representación teatral do libro. Pasámolo xenial. Rimos a gargalladas e a representación saiu estupendamente.
Aquí deixamos unha presentación con algunhas fotos que dan fe do bo momento que pasamos.


MÁIS ACTIVIDADES

O Tangram é un xogo chinés moi antigo que consiste en formar siluetas de figuras con sete pezas dadas, que son: cinco triángulos, un cadrado e un paralelogramo. Proba no enlace cantas siluetas podes facer!
                                                               
  
Queres comprobar o ben que sabes as táboas de multiplicar?                                                                       
E agora actividades de lingua: palabras con "mp" "mb", xogo de pasapalabra e adiviñas de animais. Anímaste a probar?                                                                                                                                                     




                                                                                                         

lunes, 12 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta lucense Xosé Mª Díaz Castro (1914-1990).
Aquí quédavos un enlace para coñecer a este escritor.
                                                                     

Escoitade tamén esta alegre canción que vos anima a usar o galego.

martes, 29 de abril de 2014

O PEQUENO XARDÍN

Neste último trimestre, os alumn@s de 1ºB decidimos crear un pequeno xardín na nosa clase. A semana pasada vimos en Coñecemento do Medio un tema sobre as plantas e pensamos que sería bo ver o que aprendimos "en vivo".
Estamos a experimentar distintas formas de plantar. Para iso trouxemos a clase un talo de xeranio. Puxémolo nunha maceta directamente na terra, sen raíz e... prendeu!!! De feito ata lle naceu unha flor. Así aprendimos que algunhas plantas pódense plantar ser raíz.
Tamén trouxemos outros tipos de plantas, pero estas non prenden sen raíz, así que as puxemos nun recipiente con auga uns días, e... Que sorpresa levamos!! Medráronlle raíces. Despois tamén as puxemos noutra maceta.
A última parte do noso pequeno proxecto (e a máis difícil) consiste en plantar sementes. Eleximos plantar perexil. Levamos sementes a clase e plantámolas noutra maceta. Como sobraron bastantes imos plantar cada un de nós nun vaso para levar para a casa. Agora temos que agardar a ver se medra. 
Entre todos, encargámonos do coidado do noso "xardín". 
Mirade as fotos das nosas plantas.
Iremos colocando máis fotos segundo vaian medrando.
MEDRAN RAÍCES


XERANIO











SEMENTES PEREXIL


PEREXIL

XARDÍN
REGAMOS



DESPOIS DA PLANTACIÓN, XA TEMOS ALGÚNS RESULTADOS. AS NOSAS PLANTAS MEDRAN COS NOSOS COIDADOS.  VELAQUÍ ESTÁN. 




















ATA 100

Os nen@s de primeiro xa coñecemos os números ata o 100. Agora quédanos  todo o posible para non os esquecer.
Na clase, a parte das actividades dos libros e no ordenador, temos as máquinas que nós mesmos fixemos cos tapóns que trouxemos da casa. En canto temos un pouco de tempo corremos cara elas para xogar. Aquí tedes unha mostra.