martes, 22 de septiembre de 2020

A TERRA, UN PUNTO NO UNIVERSO

 Nestes vídeos podes ampliar o que empezamos a estudar no tema 1 de Sociais. 

Se che gusta o tema do espazo visita estas páxinas

SPACEPLACE.NASA

LANASA.NET













jueves, 10 de septiembre de 2020

COMEZAMOS

Comezamos un curso excepcional que recordaremos sempre, con moitísimas cousas novas e coa confianza de que todo sairá ben. 




                                                                                   


jueves, 18 de junio de 2020

martes, 2 de junio de 2020

NOVAS TAREFAS


Comezamos a tarefa de lengua neste mes  de xuño coa lectura do libro El tesoro del dragón de Rafael Ordóñez.  Seguro que vos soan outros libros deste escritor: Os lunares de Renata, Sopa de Europa, A estrela viaxeira...
A ilustradora é Violeta Monreal. Déixovos este vídeo para que a coñezades, ademais ela faivos unha bonita proposta.

Nestas ligazóns tedes máis recursos para practicar e aprender.

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS

17 DE MAIO

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. No blog do EDLG  tedes moitas novas sobre esta celebración. Non deixedes de visitalo.
Nesta data tamén se conmemora o Día de Internet. Imos telo en conta para saber un pouco máis de internet e como aprender a navegar seguros. Moi importante neste momento que usamos moito máis as ferramentas dixitais.

Se tes interese por coñecer a historia de internet, nesta lígazón tes un vídeo.

¿Como navegar seguros por internet? Fixádevos nas recomendacións que vos dan. Tédelas que usar na tarefa de Lengua desta semana.


Sabedes que existe unha brigada de investigación tecnolóxica na policía para evitar que se produzan delitos na rede? Nesta ligazón quédanvos uns pasatempos e recomendacións de seguridade.
TAREFAS SEMANAIS
Na Aula Virtual tedes as tarefas desta semana, e nas seguintes ligazóns podedes aprender un pouco máis