Xa estamos de volta! En 4º. Este curso espéranvos, ademais das amizades de sempre, novos compañeiros e profes, un montón de cousas novas por aprender e retos que superar. Adiante!!
Rematou o curso! Levades con vós moitas experiencias, coñecementos e amizades. Agora toca disfrutar do verán para volver en setembro con enerxía renovada.
Aquí vos queda este vídeo de recordo do curso. BOAS VACACIÓNS!!!
Na actualidade estamos rodeados de máquinas que fan a nosa vida máis cómoda. En ciencias estamos con este tema e para que aprendas máis visita e practica nestas ligazóns:
Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media... Estamos a traballar na clase o tema da historia. Por este motivo esta próxima semana visitaremos a exposición "Romanorum Vita" que nos permitirá coñecer como era a vida cotiá nunha antiga cidade romana.
Para que vaiades aprendendo máis sobre a historia, aquí vos quedan estas ligazóns: La máquina del tiempo 1 La máquina del tiempo 2 Este vídeo explica a orixe do calendario que empregamos na actualidade