martes, 23 de mayo de 2017
viernes, 28 de abril de 2017
ACTIVIDADES LIM SOBRE A SÚA VIDA ( SEMINARIO GALÁN)
ACTIVIDADES LIM SOBRE A SÚA OBRA (SEMINARIO GALÁN):
lunes, 24 de abril de 2017
VISITA DE FINA CASALDERREY
Hoxe visitounos Fina Casalderrey. Con ela falamos da súa obra, de como chegou a ser escritora e sobre todo do libro Chamizo, que lemos na clase recentemente. Unha das actividades que fixemos na clase foi crear un novo final para o conto. Quedaron moi bonitos, tedes moita imaxinación!
Tamén fixemos un mural cos debuxos do conto, quedou precioso!
Fina ten moitos contos publicados, animádevos a ler!!!
Fina ten moitos contos publicados, animádevos a ler!!!
domingo, 23 de abril de 2017
DÍA DO LIBRO
Como nos di sempre a pita María "Un libro é un bo amigo". Hoxe é un día especial, o Día Internacional do Libro e queremos ter esta mensaxe moi presente. Desfrutade da lectura!!!
Visita o blogue da biblioteca nesta ligazón http://bibliotecamariapita.blogspot.com.es/2017/04/23-de-abril-dia-do-libro.html
Para saber máis sobre esta celebración http://apitadecores.blogspot.com.es/2016/04/dia-do-libro.html
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Antía Insua contounos o venres o precioso conto "Encender la noche" que relata a historia dun neno ao que non lle gusta a noite. Quen non tivo medo algunha vez da escuridade?
martes, 21 de marzo de 2017
SOCIAIS
AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS
Neste tema descubriremos cales son as actividades que lles permiten as persoas obter os produtos
naturais, como se transforman as materias primas nos produtos elaborados e que actividades forman parte do sector dos servizos.
AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS
Neste tema descubriremos cales son as actividades que lles permiten as persoas obter os produtos
naturais, como se transforman as materias primas nos produtos elaborados e que actividades forman parte do sector dos servizos.
Ligazóns a actividades Lim para que practiquedes o que traballamos neste tema.
jueves, 9 de marzo de 2017
CIENCIAS
A MATERIA E OS MATERIAIS
Na clase de ciencias estamos a estudar a materia e os materiais. Para que poidades aprender máis sobre este tema, nestas ligazóns atoparedes unhas interesantes actividades.
OUTRAS LIGAZÓNS
Mirade este gracioso vídeo sobre as propiedades dos materiais
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












