viernes, 22 de mayo de 2015

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Alimentarse ben é fundamental para a saúde. Probade neste xogo e seguro que aprendedes moitas cousas sobre os alimentos.

viernes, 15 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN

Hoxe conmemoramos as Letras Galegas coa lectura das mensaxes animando ao emprego do noso idioma, tamén houbo música tradicional e baile.


Música: Esencia, por Raúl Grillo
Powered by emaze

sábado, 9 de mayo de 2015

SAÍDAS

Esta semana fixemos dúas saídas. O mércores visitamos o Xardín de San Carlos, desde onde vimos unhas preciosas vistas da cidade e contáronnos a súa historia:  alí está a tumba de Sir John Moore, xeneral inglés que morreu na batalla de Elviña.



O xoves fomos ao Museo de Belas Artes a ver a exposición "El primer Picasso"




                               PICASSO PARA NIÑOS from Pattiardia on Vimeo.

                                            Se queres crear o teu propio Picasso, preme no enlace
Visita a galería para ver as obras



Cadros para colorear



lunes, 4 de mayo de 2015

ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe tivemos a sesión de animación dos contos que lemos na clase, "Un baúl lleno de momias" os de 1º e "La princesa bromista" os de 2º. Con Viky fixemos a representación dos contos e foi moi divertido. Recordade o lema da Pita María, un libro é un bo amigo.


< />

miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase en todo o mundo O Día do Libro
Había un escritor
de apelido Cervantes,
e por el celebramos
este día tan importante.
A ler, a ler
para pasalo ben.