Chegou o outono, que nos trae moitos cambios: noites longas, choiva, vento, follas que caen...Tamén é tempo do Samaín. Nestes enlaces podes coñecer máis sobre as tradicións desta festa, xogar e aprender cancións.
O 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas. Xa coñecemos e empregamos a do colexio e en datas próximas visitaremos a biblioteca Miguel González Garcés, onde faremos varias actividades e pasarémolo xenial!!
Hoxe tocounos aos de primeiro ir á biblioteca onde tres alumnas de 5º curso contáronnos un divertido conto: "Dani y los dinosaurios en el museo". Pasámolo xenial. Que atentos estades nas fotos!!!
Conto na biblioteca on PhotoPeach
Xa estades en primaria e, aínda que sodes os máis pequenos, xa sabedes facer moitas cousas e ides aprender moitas máis ao longo do curso. Que ben quedastes nas fotos!!!
1º A on PhotoPeach
1º B on PhotoPeach
1º C on PhotoPeach
Un saúdo neste curso que acaba de comezar. Sabemos que estades moi ledos por volver a estar no colexio cos compañeiros, coas compañeiras e coñecendo aos que chegaron novos. Sobre todo os de 1º que empezan unha nova etapa cheos de ilusión. Para eles quedan estes enlaces para xogar e cantar.