Os nen@s de primeiro xa coñecemos os números ata o 100. Agora quédanos todo o posible para non os esquecer. Na clase, a parte das actividades dos libros e no ordenador, temos as máquinas que nós mesmos fixemos cos tapóns que trouxemos da casa. En canto temos un pouco de tempo corremos cara elas para xogar. Aquí tedes unha mostra.
Hoxe os nen@s de primeiro visitamos a bibilioteca "MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS". Na porta nos agardaba Elena, unha das bibliotecarias para nos introducir no marabilloso e máxico mundo dos contos. Leunos o conto de Andersen "El Soldadito de plomo", e vimos unha versión deste conto en película "O soldadiño de chumbo". Foi xenial. Despois pasamos a ver os libros que están expostos e en préstamo. Alí fixemos xogos e adiviñas cos contos. Pasámolo moi ben. Aínda non sabemos cómo, pero Elena sabía que estamos a facer un proxecto sobre o mar no cole (quen llo contaría??) e amosounos libros sobre o mar, animais marinos, oficios do mar,... Para rematar vimos unha exposición de carteis tamén sobre o mar. A verdade é que a bibliotecaria Elena fixo que pasásemos un tempo estupendo na biblioteca. Grazas Elena.
Hoxe recibimos a agradable visita do noso amigo bombeiro, Ricardo. Veu a recoller os debuxos que fixemos con motivo da nosa saída aos bombeiros do pasado mes de febreiro. Encantáronlle os nosos debuxos e traballos!!!
Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL coincidindo co nacemento de H.C. Andersen (Odense- Dinamarca 2 abril de 1805).
Para esta celebración estivemos a ler na clase algúns dos seus contos máis coñecidos. Todos nós coñeciamos xa os contos, pero gustounos ler entre todos estes títulos.
Aquí vos deixo un enlace para que poidades xogar co noso amigo Pipo. Na clase temos algún xogo de matemáticas e lingua de Pipo, e con el xogamos e aprendemos. Con este enlace podemos tamén xogar na casa. Son especialmente interesantes os apartados "Juegos" e "Actividades" con un montón de cousas que facer para nos divertir (contos, adiviñas, vídeos,...). ¡¡Pasádeo ben!!