Seguimos co proxecto da biblioteca do colexio que, como xa sabemos, trata do patrimonio cultural de Europa.En 4º continuamos traballando con distintos autores de literatura infantil europeos. Este é outro deles:
GIANNI RODARI
Biografía
Contos por teléfono: "O cazador sen sorte"
Contos para xogar: "O can que non sabía ladrar"
Contos para xogar: "O pequeno tamborileiro"
Tarefa: "As pantasmas de Bort" (Contos para xogar)
Nas seguintes ligazóns tedes moita información para coñecer os órganos que nos permiten percibir o que ocorre ao noso arredor. Pincha nas imaxes para entrar nas actividades.
Este curso o proxecto proposto pola biblioteca escolar ten que ver co rico patrimonio cultural de Europa, xa que o 2018 declarouse Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
Os europeos temos un patrimonio moi rico e variado: monumentos, paraxes naturais, tradicións, museos, bibliotecas, etc. En 4º traballaremos sobre todo a literatura infantil.
Para comezar, neste mural quédanvos recursos para o escritor Hans Christian Andersen.