sábado, 29 de noviembre de 2014

ACTIVIDADES EN NOVEMBRO

Ao longo do mes, realizamos visitas á biblioteca Miguel González Garcés. Elena, a bibliotecaria,  contounos preciosas historias e ensinounos a sala infantil. Foi xenial!!
O venres, día 14, celebramos o magosto por todo o alto, con grupo musical e todo. Velaquí vos quedan as fotos.O magosto on PhotoPeach Biblioteca Miguel González Garcés on PhotoPeach

martes, 18 de noviembre de 2014

COÑECEMOS O NOSO CORPO

Neste xogo podes aprender moitas cousas sobre o corpo. Intenta chegar ata o final.

martes, 11 de noviembre de 2014

O MAGOSTO

Este venres celebraremos o magosto no colexio. Para que saibades máis sobre esta celebración tradicional, visitade os enlaces. Tedes contos, xogos, poemas...Espero que vos gusten.

viernes, 7 de noviembre de 2014

HORA DE LER

Hoxe fomos á biblioteca, onde dúas compañeiras de 5ºA contáronnos o conto Mi abuela Amanda. Gustounos moito. Que bonitas historias contan os libros!!

Conto na biblioteca on PhotoPeach